terça-feira, 21 de dezembro de 2010

Dous Pallasos en Apuros en Ribadulla e Melide


Este mércores 22 de decembro empezamos a campaña de nadal visitando o CEIP Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla (A Coruña) e o Colexio Público Número 1 de Melide (A Coruña) co noso espectáculo DOUS PALLASOS EN APUROS.
Será ás 11.00h en Ribadulla e ás 18.00h en Melide.

sexta-feira, 27 de agosto de 2010

Dous Pallasos en Apuros na Mostra de Teatro de Cee


Os Sete Magníficos máis Un estaremos presentes na Mostra de Teatro de Cee 2010 co seu espectáculo clown para todos os públicos Dous Pallasos en Apuros. Será o sábado 28 de agosto, a partir das 11.30h, na Alameda de Cee.

Os Sete Magníficos máis Un representaremos tamén este mesmo espectáculo en Codeseda (A Estrada) o sábado 28 de agosto, a partir das 21.30h, e en Pontecesures o domingo 29 de agosto, ás 19.00h.

Con esta apretada axenda de fin de semana, pechamos un mes de agosto intenso no que tivemos a sorte de presentar a nosa producción cómica para público familiar Dous Pallasos en Apuros en once ocasións, visitando varias parroquias de A Estrada ou vilas como A Cañiza.

Os Sete Magníficos máis Un protagonistas da programación Carp@ctiva

Os Sete Magníficos máis Un serán protagonistas, xunto ás compañías Peter Punk e Roi Sixto, da programación Carpactiva A Estrada verán 2010, organizada pola Concellería de Cultura do Excmo. Concello de A Estrada e xestionada por Culturactiva SCG.

O programa Carpactiva levarase a cabo entre o 17 e o 28 de agosto de 2010 e nesta quenda visitará oito parroquias de A Estrada. Todas as representacións darán comenzo ás 21.30h.

Os Sete Magníficos máis Un presentarán o seu popular espectáculo Dous Pallasos en Apuros e estarán presentes todos as noites desta programación que procura achegar espectáculos de clown e novo circo ao rural galego.

quarta-feira, 12 de maio de 2010

Axenda de Dous Pallasos en Apuros na semana das Letras Galegas


Nesta semana das Letras Galegas, Os Sete Magníficos máis Un presentaremos o noso espectáculo clown Dous Pallasos en Apuros por partida triple en A Mezquita, As Pontes e Lugo.
O xoves 13 de maio levaremos o noso humor ao CEIP Augusto Assía de A Mezquita (Ourense), a partir das 15.00h e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Mezquita. O mércores 19 de maio, ás 10.00h, estaremos na Casa Dopeso de As Pontes (A Coruña), nunha función escolar para os alumnos e alumnas do CPI Monte Caxado, organizado pola ANPA do CPI Monte Caxado e a Deputación de A Coruña. E pecharemos a semana en Lugo, o sábado 22 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital lucense, a partir das 15.30h, dentro dunha xornada de xogos populares e tradicionais organizada pola asociación Brinquedia e coa colaboración da Deputación de Lugo.

Curso de Iniciación ao Clown en A Guarda


Os días 14, 15 e 16 de maio, Francisco Rei, da compañía Os Sete Magníficos máis Un, impartirá un Curso de Iniciación ao Clown no IES A Sangriña de A Guarda (Pontevedra).
Neste curso, de 16 horas de duración e dirixido a afeccionados e afeccionadas ao teatro e público en xeral, tentaremos descubrir o noso clown a través de diversas dinámicas de achegamento a esta disciplina teatral en evidente auxe en Galicia nos últimos anos.
Francisco Rei é membro fundador e coordinador da compañía Os Sete Magníficos máis Un, coa que leva traballando desde o ano 2001 e, desde aquela, ten acadado unha ampla experiencia como formador e clown.

segunda-feira, 10 de maio de 2010

Actuación no CEIP Agro do Muiño de Ames (A Coruña)


Este martes 11 de maio, en sesión dobre ás 10.45 e 12.30h, Os Sete Magníficos máis Un presentarán o seu espectáculo Dous Pallasos en Apuros no CEIP Agro do Muiño de Ames (A Coruña)

sexta-feira, 16 de abril de 2010

Benvid@ ao blog de os sete magníficos máis un!

Benvid@ ao blog de os sete magníficos máis un!

Estamos traballando para que axiña podas ver neste espazo toda a información, novas e axenda da nosa compañía.