quarta-feira, 12 de maio de 2010

Axenda de Dous Pallasos en Apuros na semana das Letras Galegas


Nesta semana das Letras Galegas, Os Sete Magníficos máis Un presentaremos o noso espectáculo clown Dous Pallasos en Apuros por partida triple en A Mezquita, As Pontes e Lugo.
O xoves 13 de maio levaremos o noso humor ao CEIP Augusto Assía de A Mezquita (Ourense), a partir das 15.00h e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Mezquita. O mércores 19 de maio, ás 10.00h, estaremos na Casa Dopeso de As Pontes (A Coruña), nunha función escolar para os alumnos e alumnas do CPI Monte Caxado, organizado pola ANPA do CPI Monte Caxado e a Deputación de A Coruña. E pecharemos a semana en Lugo, o sábado 22 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital lucense, a partir das 15.30h, dentro dunha xornada de xogos populares e tradicionais organizada pola asociación Brinquedia e coa colaboración da Deputación de Lugo.

Curso de Iniciación ao Clown en A Guarda


Os días 14, 15 e 16 de maio, Francisco Rei, da compañía Os Sete Magníficos máis Un, impartirá un Curso de Iniciación ao Clown no IES A Sangriña de A Guarda (Pontevedra).
Neste curso, de 16 horas de duración e dirixido a afeccionados e afeccionadas ao teatro e público en xeral, tentaremos descubrir o noso clown a través de diversas dinámicas de achegamento a esta disciplina teatral en evidente auxe en Galicia nos últimos anos.
Francisco Rei é membro fundador e coordinador da compañía Os Sete Magníficos máis Un, coa que leva traballando desde o ano 2001 e, desde aquela, ten acadado unha ampla experiencia como formador e clown.

segunda-feira, 10 de maio de 2010

Actuación no CEIP Agro do Muiño de Ames (A Coruña)


Este martes 11 de maio, en sesión dobre ás 10.45 e 12.30h, Os Sete Magníficos máis Un presentarán o seu espectáculo Dous Pallasos en Apuros no CEIP Agro do Muiño de Ames (A Coruña)