sexta-feira, 27 de agosto de 2010

Dous Pallasos en Apuros na Mostra de Teatro de Cee


Os Sete Magníficos máis Un estaremos presentes na Mostra de Teatro de Cee 2010 co seu espectáculo clown para todos os públicos Dous Pallasos en Apuros. Será o sábado 28 de agosto, a partir das 11.30h, na Alameda de Cee.

Os Sete Magníficos máis Un representaremos tamén este mesmo espectáculo en Codeseda (A Estrada) o sábado 28 de agosto, a partir das 21.30h, e en Pontecesures o domingo 29 de agosto, ás 19.00h.

Con esta apretada axenda de fin de semana, pechamos un mes de agosto intenso no que tivemos a sorte de presentar a nosa producción cómica para público familiar Dous Pallasos en Apuros en once ocasións, visitando varias parroquias de A Estrada ou vilas como A Cañiza.

Os Sete Magníficos máis Un protagonistas da programación Carp@ctiva

Os Sete Magníficos máis Un serán protagonistas, xunto ás compañías Peter Punk e Roi Sixto, da programación Carpactiva A Estrada verán 2010, organizada pola Concellería de Cultura do Excmo. Concello de A Estrada e xestionada por Culturactiva SCG.

O programa Carpactiva levarase a cabo entre o 17 e o 28 de agosto de 2010 e nesta quenda visitará oito parroquias de A Estrada. Todas as representacións darán comenzo ás 21.30h.

Os Sete Magníficos máis Un presentarán o seu popular espectáculo Dous Pallasos en Apuros e estarán presentes todos as noites desta programación que procura achegar espectáculos de clown e novo circo ao rural galego.